UVigo Spacelab é unha iniciativa creada en 2020 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, Aeroespaciais e Industriais da Universidade de Vigo, que ten como obxectivo, deseñar, fabricar, e operar pequenos satélites co fin de colocalos en órbita.Alén disto, participan en obradoiros e congresos da ESA (Axencia Espacial Europea) nalgún dos países da UE, e noutras actividades promovidas polo sector a nivel mundial, contando co apoio de socios e patrocinadores importantes do mundo da enxeñaría e o campo aeroespacial. O Consello Social é un dos maiores partners da asociación.
O sector aeroespacial cambiou nos últimos anos cara unha perspectiva máis orientada no futuro, onde o acceso ao espazo será máis sinxelo coas tecnoloxías de pequenos satélites, é, e será, unha revolución tanto social como de enxeñaría dentro das nosas vidas. Partindo dio, desde comezos de 2021, UVigo SpaceLab vén desenvolvendo unha misión con carga biolóxica para o que –debido á escasa experiencia nesta materia das enxeñarías– puxéronse en contacto co CINBIO para os experimentos biolóxicos en órbita. Grazas ao apoio durante o seu tempo libre dos investigadores, Gustavo Bodelón, Isabel Pastoriza, Carmen Sieiro e Jorge Pérez, o proxecto foi collendo forma. Estaba nacendo BIXO – Bacteriological Intercommunication eXperiment in Orbit.
Estas e outras iniciativas viñeron explicar ao Consello Social representantes da UVigo SpaceLab. Foron recibidos polo presidente Ernesto Pedrosa, que lles deu os parabéns e a disposición do organismo a continuar coa súa colaboración.
Toda a información na súa web