Apróbase a memoria de implantación do Máster en Enxeñaría Aeronáutica, a distribución das axudas Prácticums 2022, as retribucións ao profesorado pola excelencia docente e investigadora (2020) e outras axudas e colaboracións

2022-04-01T20:15:16+00:002 de Febreiro de 2022|Pleno|

O mércores, 2 de febreiro de 2022, ás 12:30 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (28.12.2021).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Memoria para a solicitude de verificación para a implantación do título de Máster en Enxeñaría Aeronáutica. Informe que proceda. (Consello de Goberno 13.01.2022).
    Apróbase por unanimidade.
  5. Aprobación, se procede, da distribución das axudas amparadas pola convocatoria de Prácticums do Consello Social, correspondentes a 2022.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  6. Acordo que proceda sobre a petición da Escola Internacional de Doutoramento e a Área de Calidade para a realización dun estudo/informe sobre a inserción laboral e a satisfacción das persoas tituladas en doutoramento dende a creación da UVigo ata a promoción 2019/2020.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  7. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver o proxecto “Cóntancho ás Matemáticas”, dirixido a escolares e docentes da última etapa de Educación Primaria para incrementar a vocación científica, en particular entre as nenas.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  8. Asignación de retribucións ao profesorado como complemento de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora, correspondente á convocatoria de 2020.
    O pleno acorda unha asignación.
  9. Convenios asinados pola UVigo en decembro de 2021.
    O Pleno dáse por informado.
  10. Rogos e preguntas.
    Non hai.
acta do 02-02-2022 Documento PDF, 173 KB