Colaboracións e patrocinios

[ACTUALIZACIÓN: Vídeo inaugural] Coa axuda do Consello celébrase a I Feira internacional EmpregoinCampus, que se realizará nos tres campus

2022-05-02T11:10:29+00:0027 de Abril de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Coa axuda do Consello Social, a UVigo promove a I Feira internacional EmpregoinCampus que terá presenza nos tres campus. O obxectivo é pór en contacto persoas tituladas e estudantes dos últimos cursos con empresas que estean buscando talento nas aulas universitarias. Realizaranse feiras por ámbitos, nas que se combine o formato presencial –con postos das empresas e un programa variado de actividades nas diferentes escolas e facultades– coa asistencia en liña.

Postos de empresas nos corredores da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

A primeira cita estase a desenvolver no campus de Vigo estes 27 e 28 de abril. As actividades lévanse a termo nas facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias Xurídicas e do Traballo e está centrada na busca de talento no ámbito xurídico-empresarial, linguas e comercio. Rexistráronse máis de 200 estudantes e persoas tituladas recentemente. Abanca, Bimba y Lola, Cuatrecasas, Garrigues, Grupo Nueva Pescanova, Deloitte, Eulen, Anfaco-Cecopesca, Randstad, Ernst & Young, Olsen & Lancaster Partners, Rinoceronte editora… son algunhas das máis de 40 as empresas e institucións que participan no evento.

Ademais das propias actividades nos postos das empresas, cada unha das edicións da feira vai acompañada dunha xornada de orientación laboral e estarán complementadas cun amplo programa de  interese tanto para o alumnado actual como para as egresadas recentemente. O programa complementario de actividades inclue obradoiros, seminarios, presentacións de entidades colaboradoras…

Preparando as novas edicións

Realizaranse tres novos eventos, todos eles no mes de outubro deste ano. No campus de Ourense será o 6 de outubro no pavillón universitario. No caso de Pontevedra, o 27 dese mesmo mes na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Ademais, o de 20 de outubro celebrarase unha nova edición da feira no campus de Vigo, centrada neste caso no ámbito das ciencias e a biotecnoloxía.


Vídeo inaugural