Estas publicacións pretenden dar a coñecer as actividades solidarias e de cooperación no marco da Axenda 2030 que se organizan dende a Universidade de Vigo e aquelas realizadas por entidades da nosa contorna, así como recursos e publicacións nese eido. Nalgunhas delas colabora o Consello Social.
Os promotores, a Vicerreitoría de Responsabilidade Social lembran que se se quere ver reflectida algunha das inicitaivas no boletín, pódese comunicar coa xente que redacta a publicación, antes da última semana de cada mes, escribindo a: apoio.rsco@uvigo.es.
Ata o momento lévanse publicados dous boletíns. No número 1 pódese ver unha nova sobre a entrega dos Premios UVigo_Humana 2021. As publicacións pódense descargar neste enderezo
Se queres saber máis sobre o Premio Consello Social Uvigo_Humana podes acceder á páxina do certame desde este outro botón: