Colaboracións e patrocinios

Outra actividade de “Cóntancho as matemáticas”, unha iniciativa co apoio do Consello Social

2022-04-11T17:14:51+00:0011 de Abril de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas|

“No campo das matemáticas é fundamental realizar accións desde as primeiras etapas da educación, cando comezan a ser rexeitadas, e non limitarse a etapas posteriores, onde a recuperación de habilidades e interese é máis complexa”. Deste xeito pon de relevo o grupo de innovación docente MaReMa (Materiais e Recursos para as Matemáticas) a importancia de achegar esta ciencia os nenos e nenas a través de “metodoloxías educativas innovadoras que mostren as matemáticas como unha achega comprensible, divertida e atractiva”. Esta é unha nova entrega do proxecto “Cóntancho as matemáticas”, iniciativa que financia o Consello Social da Universidade de Vigo, e no que participan  preto de 300 estudantes de 5º e 6º de primaria de catro colexios de Vigo e Pontevedra.

Anteriores novas de Cóntancho as matemáticas:

Máis información nesta nova do DUVI: