Colaboracións e patrocinios

[ACTUALIZACIÓN] Unha nova actividade de “Cóntancho as matemáticas”, co que colabora o Consello Social

2022-10-24T12:19:26+00:006 de Xuño de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas|

O proxecto busca estimular as vocacións matemáticas entre o estudantado de terceiro ciclo de Educación Primaria, con especial atención ás medidas dirixidas a promover a igualdade de xénero. Para alcanzar este propósito, é fundamental a aprendizaxe e o ensino das matemáticas dende un punto de vista científico e tecnolóxico, complementario aos currículos, orientado ás aplicacións na vida cotiá e empregando metodoloxías educativas innovadoras que mostren as matemáticas coma unha achega, comprensible, divertida e atractiva.

Cóntancho as matemáticas  desenvólvese dende outubro de 2020, coa colaboración do Consello Social da Universidade de Vigo. Cada curso hai programadas actividades por trimestre, coincidindo coa celebración de datas importantes para a investigación en matemáticas e o apoio á presenza das nenas e mulleres nas áreas CTIM: Día de Ada Lovelace, Día da Muller e da Nena na Ciencia e Día das Matemáticas. Con contidos complementarios ao currículo e relacionados coa investigación de investigadoras relevantes en distintos campos das matemáticas, celébranse obradoiros –impartidos maioritariamente por estudantes do Grao en Educación Primaria da Universidade de Vigo–, encontros con figuras investigadoras novas e actividades de formación para docentes de Educación Primaria de Galicia. O contido destas actividades está relacionado coa investigación dunha matemática de referencia: Ada Lovelace, Agnes Meyer Discroll, Hipatia de Alexandría, Dorothy Johnson Vaughan, Emmy Noether.

Estes son os vídeos de actividades publicadas este ano:


Cóntancho Hipatia de Alexandría e Beatriz Álvarez

Cóntancho Emmy Noether e Olga Pérez

Cóntancho Ada Lovelace, Agnes Meyer Driscoll e Xabier García

Cóntancho Maryam Mirzakhani e Ixchel D. Gutiérrez