Apróbase a modificación de títulos oficiais da UVigo 2023/24, as correccións orzamentarias, os prezos e axudas, a autorización de transferencias e a designación de membros que representan ao Consello Social

2022-11-05T18:18:13+00:0029 de Xullo de 2022|Pleno|

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, das actas das reunións anteriores (29.06.2022 e 14.07.2022).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Informe da Área de Calidade sobre os abandonos e cambio de estudos na Universidade de Vigo. Evolución e comparativas internas e externas.
    Despois da presentación o Pleno dáse por informado.
  5. Informe que proceda sobre as propostas de verificación/modificación de títulos de Grao, Mestrado e Doutoramento da Universidade de Vigo para o curso 2023/2024. (Consello de Goberno do 28 de xullo).
    O Pleno informa favorablemente.

Propostas e acordos da Comisión Executiva (reunión do 25 de maio de 2022)

  1. Informe sobre o Decreto polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do SUG para o curso 2022/2023.
    O Pleno informa favorablemente.
  2. Supervisión e aprobación de correccións e modificacións orzamentarias.
  3. Outros acordos. Taxas e axudas. Informes.
    Puntos 7 e 8: O Pleno dá a súa conformidade.
  4. Acordo que proceda sobre a delegación temporal no reitor, das competencias do Consello Social sobre autorización de transferencias de gastos de capital a gastos correntes, para a contratación de persoal investigador.
    O Pleno delega no Reitor, debendo informar ao Consello Social, para referendo en cada sesión plenaria, das aprobacións de transferencias realizadas no devandito período.
  5. Designación de representantes do Consello Social no Consello de Goberno da Universidade de Vigo.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  6. Designación de representantes do Consello Social na Comisión Reitora de Centros de Investigación da Universidade de Vigo.
    O Pleno dá a súa aprobación.
  7. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de xuño de 2022.
    O Pleno dáse por informado.
  8. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Antonio Manuel Ramos, o Reitor, José María Martín Moreno e José María Franco.