As Xornadas sobre a contorna dixital e a cooperación entre administracións tributarias, celebráronse en Vigo os días 20 e 21 de outubro de 2022, dirixidas a analizar os diferentes mecanismos destinados á obtención de información por parte das Administracións Tributarias, prestando especial atención á utilización da intelixencia artificial.
A través dun formato organizado en diferentes conferencias e mesas redondas, analízanse cuestións relacionadas cos últimos avances nesta materia. O Consello Social colaborou coa iniciativa e o presidente Ernesto Pedrosa participou na inuguración oficial.
UVigoTV publica agora 25 vídeos co contido destas xornadas. Podes ir ao repositorio deste evento en UVigoTV facéndo clic no seguinte botón
Tamén, sen sair desta páxina, podes visualizar a inauguración das Xornadas