Colaboracións e patrocinios

[Evento coa colaboración do Consello Social] O mellor orador do I Torneo de Debate Retórica é da UVigo. O equipo gañador foi a USC

2022-11-28T13:45:56+00:0028 de Novembro de 2022|Colaboracións e patrocinios, Novas|
O EQUIPO DA UVIGO NA FINAL DO TORNEO. IVÁN FERNÁNDEZ Á DEREITA.

Iván Fernández proclamouse o domingo 27 de novembro, mellor orador do I Torneo  de Debate Retórica UVigo.  Xogou a final exercendo o papel de refutador, acompañado por Hernán Comesaña, como introdutor, e Sara Hernández, como conclusora, integrantes dun dos tres equipos cos que participou no torneo a Universidade de Vigo e que, finalmente, caeu na final fronte ao equipo da Universidade de Santiago de Compostela, que foi proclamado mellor equipo da competición.

Este torneo foi o primeiro destas características celebrado en Galicia, reuniu a participación de dez equipos de sete universidades: Vigo –que competiu con tres equipos-, Santiago, A Coruña, Baleares, CEU Barcelona, Jaén e Cunef Madrid. O Consello Social colaborou decididamente no evento.

Tras dous días de debates no edificio Redeiras, entorno á pregunta de si a transición enerxética garantirá a autosuficiencia enerxética da Unión Europea, a gran final levouse a cabo no salón de actos da sede cidade da Escola de Enxeñaría Industrial. O equipo gañador, a USC, recibiu 1500 euros e un pase para participar na fase final da Liga Española de Debate Universitario (LEDU), que congrega os 16 mellores equipos universitarios de debate de España. O segundo equipo clasificado, nesta caso a UVigo,  recibiu 500 euros.