Discursos do presidente

Intervención do Presidente na Aula Aberta á Tecno-ciencia

2022-12-02T11:42:07+00:002 de Decembro de 2022|Discursos do presidente|

Bo día. 

Esta Escola honra o seu nome cando a súa enerxía e capacidade de “remexer” trasládanse das aulas ao exterior. Estes espazos para a tecnociencia teñen a virtude de achegar e transmitir coñecemento. Tamén teñen o poder de incentivar vocacións e de sementar interese e curiosidade, mais teñen, sobre todo, o valor de construír atmosferas nas que o coñecemento non se detén. O mundo é cada vez máis un cúmulo de avances veloces aos que convén non dar nunca as costas. Máis que da sociedade da información ou do coñecemento fálase da sociedade da aprendizaxe. Esta é a habilidade máis competitiva do futuro.

A capacidade de aprender –o que se chama o saber– é tamén a competencia que máis cotiza hoxe. Os indicadores din que esta capacidade de aprender importa máis que os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos, á hora de acceder ao mercado laboral. 

Ten un inmenso valor crear un centro para que o estudantado aprenda, porque quen aprende, aprende da maneira da que aprende, non do xeito en que lle ensinan. Ou sexa, a innovación metodolóxica e o proceso formativo son o principio… –algo que curiosamente os galegos mantivemos durante os tempos con naturalidade na nosa cultura, na que resulta tan habitual escoitar “ou mestre aprendeunos moito”, pois esa é agora a clave do futuro–.

E insisto en que é moi importante esta iniciativa, que o estudantado da Escola participe activamente como persoal de apoio nas actividades experimentais e interactivas e que a cidadanía en xeral estea tamén como protagonista dos afáns da escola. Porque é imprescindible que camiñen na procura dun mundo mellor e unha maior calidade de vida para todos.

Debemos agradecer aos responsables o esforzo nesta dirección e tamén que coloquen á universidade –agás as súas obrigacións– no máis alto das súas responsabilidades, propiciando a formación plena, alumando ideas e valores, xerar ando capacidade crítica e potencia de pensamento, estimulando actitudes activas e empoderando á Cidadanía con coñecementos aos que propicien atmosferas favorables a crear marcos sólidos e futuros dignos. “Que se atrevan a saber”, como dixo Horacio. 

O coñecemento é o maior e mellor argumento das universidades para modelar os sistemas de convivencia e corrixir ou descubrir comportamentos e alternativas, porque toda evolución é froito do coñecemento, xustamente o que as universidades forxan sen distinción como unha gran factoría aberta de esperanzas e solucións.

Éncheme de orgullo que o Consello Social poida estar aquí. Porque este acto susténtase na indubidable autoridade do mundo universitario para construír coñecemento novo e experiencias que non se poden estudar nas aulas. 

Parabéns e agardecementos por facer posible estas aulas abertas onde aprender do mellor xeito, que é facendoo. Xa o dixo Confucio hai 2.500 anos:

“Contáronmo e esquecino
Vino e entendino
Fíxeno e aprendino”.

Moitas grazas.