Cóntancho as matemáticas é un proxecto educativo que ten por obxectivo estimular as vocacións matemáticas entre o alumnado de Educación Primaria e primeiro de ESO (1o e 2o). Deseñado dende MaReMa, o grupo de innovación docente de Materiais e Recursos Matemáticos da Universidade de Vigo.
Olga Pérez conta a historia persoal e científica de Emmy Noether, coñecida como a nai da álxebra abstracta que estudou as relacións entre certas simetrías e leis físicas. Ao mesmo tempo, conta a súa experiencia persoal e profesional como investigadora en matemáticas. No encontro propóñense retos matemáticos relacionados coa temática.
Aquí está o vídeo relizado por UVigoTV: