O venres, 30 de xuño de 2023, ás 11:55 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (07.06.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Presentación das conclusións do estudo, promovido polo Consello Social, sobre “Impacto económico e social da Universidade de Vigo” no seu entorno, no conxunto de Galicia e no ámbito dos Campus.
Propostas do Consello de Goberno (reunión do 20 de xuño de 2023)
- Informe que proceda sobre as propostas de verificación/modificación de títulos de grao, mestrado e doutoramento da Universidade de Vigo para o curso 2024/2025.
Apróbase a emisión dun informe favorable. - Suspensión do artigo 5 da normativa de Permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e mestrado da Universidade de Vigo.
Apróbase por asentimento. - Aprobación definitiva, se procede, da creación e da participación da UVigo no capital social da empresa de base tecnolóxica “Prismatrix”.
O Pleno dá a súa aprobación.
Propostas e acordos da Comisión Económica (reunión do 22 de xuño de 2023)
- Aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo no exercicio 2022. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
Apróbanse as contas, consonte o exposto no informe de auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
Aprobación do Pleno consonte o expresado nos respectivos informes de auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA).
Aprobación do Pleno consonte o expresado nos respectivos informes de auditoría. - Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría de Cidade Tecnolóxica de Vigo, S. A. (CITEXVI).
Aprobación do Pleno consonte o expresado nos respectivos informes de auditoría. - Aprobación, se procede, da aceptación da doazón da empresa Centum Research & Technology, S. L., á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Apróbase aceptar a doazón. - Aprobación, se procede, da aceptación da doazón de material da empresa Lonza Biologics Porriño, S. L., para o centro de investigación CINBIO.
Apróbase aceptar a doazón. - Solicitude de autorización de incorporación de remanente para desenvolver o programa de investigación co Centro Ramón Piñeiro.
Apróbase por asentimento. - Outros asuntos. Decreto que fixa os prezos públicos no SUG para o curso 2023/2024. Modificación de pagos máximos por coordinación para todos os títulos propios. Prezos dos Cursos de Extensión Universitaria 2023 nos tres Campus. Prezos polo servizo Campus Camp.
O Pleno ratifica os acordos da C omisión Económica. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en maio de 2023.
O Pleno dáse por informado. - Aprobación, se procede, dos prezos para os usuarios da Área de Benestar, saúde e deporte da Universidade de Vigo no curso 2023/2024.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Interveñen: Juan José Santamaría, o reitor, e Elena Añel.