Cóntancho as matemáticas é un proxecto educativo que ten por obxectivo estimular as vocacións matemáticas entre o alumnado de Educación Primaria e primeiro de ESO (1º e 2º). Deseñado dende MaReMa, o grupo de innovación docente de Materiais e Recursos Matemáticos da Universidade de Vigo.
Ixchel D. Gutiérrez conta a historia persoal e científica de Maryam Mirzakhanie, que fixo importantes contribucións no campo da teoría de Teichmüller, a xeometría hiperbólica, a teoría ergódica e a xeometría simpléctica. Foi a primeira muller en recibir a Medalla Fields, considerada o maior recoñecemento que pode distinguir a unha persoa que traballe no ámbito das matemáticas.
Aquí está o vídeo relizado por UVigoTV: