O xoves, día 27 de xullo de 2023, ás 11:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (18.05.2023).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra para o desenvolvemento de actividades en 2023.
A comisión propón unha achega. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para organizar en Ourense un Obradoiro de participación cidadá sobre “Intervención climática: principios e controversias”.
Apróbase a axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda presentada para acoller en Vigo o congreso “Transformative Education for an Interconnected and Equitable World”.
Apróbase a achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de patrocinio do acto de nomeamento da profesora María África González Fernández como membro de honor distinguido do Instituto de Cultura, Ciencia e Tecnoloxía (ICCT).
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico para a realización de seminarios sobre “Deseño de videoxogos e emprendemento” e “Deseño das narrativas nos videoxogos”.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a colaboración requirida para a organización en Vigo das XXVII Xornadas de Filosofía para reflexionar sobre os trastornos mentais en tempos da COVID 19.
Apróbase a axuda. - Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a celebración en Pontevedra do 10o aniversario do evento Pont Up Store.
Apróbase unha achega. - Aprobación, se procede, da financiación do traballo sobre a inserción laboral das persoas tituladas en estudos de Doutoramento na UVigo, no curso 2020/2021, a cargo do Observatorio de Persoas Tituladas da UVigo.
Apróbase a disposición dunha contía, de xeito condicionado. - Acordo que proceda sobre a petición da AEMPE para promover iniciativas de sensibilización entre empresarios e estudantes sobre Intelixencia Artificial.
Concédese unha axuda. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos dos Obradoiros que se desenvolverán nos tres Campus durante o curso 2023/2024.
Apróbanse o prezo de matrícula e as deducións propostas. - Aprobación, se procede, dos prezos públicos para o curso 2023/2024, por servizos administrativos e académicos que afectan a titulacións oficiais e ao alumnado visitante.
Apróbanse por asentimento. - Aprobación, se procede, da participación do Consello Social na convocatoria “Ourense rural”, promovida pola Universidade de Vigo para o curso 2023/2024 no campus de Ourense.
Apróbase unha achega. - Rogos e preguntas.
Non hai.