O martes día 17 de outubro de 2023, ás 12:30 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (25.05.2022).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe da Valedora universitaria da Universidade de Vigo. De que se queixa o estudantado?
O presidente agradece a aportación de Esther Pillado, que abandona a reunión. - Informe que proceda sobre as doazóns bibliográficas rexistradas durante 2022, se houbese.
A Comisión dáse por informada. - Aprobación, se procede, da proposta de reasignación definitiva das Bolsas-colaboración asignadas á Universidade de Vigo para o curso 2023/2024.
A Comisión dá a súa aprobación. - Aprobación, se procede, da asignación de complementos de recoñecemento polos cargos de xestión, consonte avaliación da ACSUG. (Convocatoria 2022, segunda e terceira remesa).
Apróbase a asignación. - Aprobación de prezos reducidos dos cursos de Especialista en Tradución para a Industria do Videoxogo (ETIV) e de Experto en Inglés Xurídico.
Apróbase por asentimento. - Informe sobre Memorias finais de cursos propios da Universidade de Vigo.
Con aprobación previa do Presidente:
– III Curso de especialista en “Electrónica para compoñentes da automoción.
– I Curso de especialista Internacional en “Termalismo e Spa”
Emítese informe favorable. - Designación de representantes do Consello Social noutros órganos externos.
A Comisión dá a súa conformidade. - Proposta de designación de membros para a cobertura de vacantes na Executiva e na Comisión Económica do Consello Social.
A Comisión dá a súa conformidade. - Aprobación, se procede, da edición e difusión da Memoria do Consello Social correspondente a 2022.
Apróbase un determinado importe. - Estudo de propostas de adaptación á LOSU de competencias e atribucións do Consello Social.
A Comisión dáse por informada. - Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2023.
A Comisión dáse por informada. - Informe que proceda sobre o calendario e procedemento para aprobación de verificación e modificación de titulacións de Grao, Máster e Doutoramento para o curso 2025/2026 (Consello de Goberno do 25.09.2023).
A Comisión dáse por informada. - Informe que proceda sobre a extinción do título de Máster en Administración e Dirección de Empresas (MBA) (Consello de Goberno do 25.09.2023).
A Comisión informa favorablemente. - Aprobación, se procede, da modificación de denominación da Spinoff “Prismatrix” (Consello de Goberno do 25.09.2023).
A Comisión mite informe favorable. - Aprobación, se procede, da difusión telemática de contidos sobre a inserción laboral e empregabilidade dos titulados da Universidade de Vigo, e da dotación económica correspondente.
A Comisión dá a súa aprobación. - Aprobación, se procede, da participación do Consello Social no patrocinio do XVIII Congreso da Asociación Española de Profesores de Dereito Administrativo (AEPDA).
Apróbase por asentimento. - Aprobación, se procede, da dotación económica correspondente para a organización dos premios Consello Social UVigo_Humana.
Apróbase por asentimento. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acta da CEX do 17 de outubro de 2023
Documento PDF, 213 KB