Apróbanse as propostas do Consello de Goberno do 07-06-2023 e da Comisión Económica do 20-06-2023

2023-11-22T09:16:12+00:0030 de Xuño de 2023|Pleno|

O venres, 30 de xuño de 2023, ás 11:55 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (07.06.2023).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe do reitor.
  4. Presentación das conclusións do estudo, promovido polo Consello Social, sobre “Impacto económico e social da Universidade de Vigo” no seu entorno, no conxunto de Galicia e no ámbito dos Campus.

Propostas do Consello de Goberno (reunión do 20 de xuño de 2023)

  1. Informe que proceda sobre as propostas de verificación/modificación de títulos de grao, mestrado e doutoramento da Universidade de Vigo para o curso 2024/2025.
    Apróbase a emisión dun informe favorable.
  2. Suspensión do artigo 5 da normativa de Permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e mestrado da Universidade de Vigo.
    Apróbase por asentimento.
  3. Aprobación definitiva, se procede, da creación e da participación da UVigo no capital social da empresa de base tecnolóxica “Prismatrix”.
    O Pleno dá a súa aprobación.

Propostas e acordos da Comisión Económica (reunión do 22 de xuño de 2023)

  1. Aprobación, se procede, das contas anuais da Universidade de Vigo no exercicio 2022. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións.
    Apróbanse as contas, consonte o exposto no informe de auditoría.
  2. Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
    Aprobación do Pleno consonte o expresado nos respectivos informes de auditoría.
  3. Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA).
    Aprobación do Pleno consonte o expresado nos respectivos informes de auditoría.
  4. Análise e valoración das contas anuais de 2022 e do informe de auditoría de Cidade Tecnolóxica de Vigo, S. A. (CITEXVI).
    Aprobación do Pleno consonte o expresado nos respectivos informes de auditoría.
  5. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón da empresa Centum Research & Technology, S. L., á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
    Apróbase aceptar a doazón.
  6. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón de material da empresa Lonza Biologics Porriño, S. L., para o centro de investigación CINBIO.
    Apróbase aceptar a doazón.
  7. Solicitude de autorización de incorporación de remanente para desenvolver o programa de investigación co Centro Ramón Piñeiro.
    Apróbase por asentimento.
  8. Outros asuntos. Decreto que fixa os prezos públicos no SUG para o curso 2023/2024. Modificación de pagos máximos por coordinación para todos os títulos propios. Prezos dos Cursos de Extensión Universitaria 2023 nos tres Campus. Prezos polo servizo Campus Camp.
    O Pleno ratifica os acordos da C omisión Económica.
  9. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en maio de 2023.
    O Pleno dáse por informado.
  10. Aprobación, se procede, dos prezos para os usuarios da Área de Benestar, saúde e deporte da Universidade de Vigo no curso 2023/2024.
    Apróbase por asentimento.
  11. Rogos e preguntas.
    Interveñen: Juan José Santamaría, o reitor, e Elena Añel.