Comisión económica

Apróbanse diversos informes económicos, así como a proposta de orzamento da UVigo e o orzamento do Consello Social para 2024

2024-04-08T18:10:54+00:0021 de Decembro de 2023|Comisión económica|

O xoves, día 21 de decembro de 2023, ás 10:30 h., celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (22.06.2023).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Informe sobre o teito de gasto da Universidade de Vigo para o exercicio orzamentario de 2024. Acordo para elevación ao Pleno.
    A comisión informa favorablemente.
  4. Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, da proposta de orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2024.
    A comisión eleva informe favorable ao Pleno.
  5. Orzamento do Consello Social para o exercicio de 2024.
    Infórmase favorablemente.
  6. Informe sobre a Oferta de Emprego Público para PDI da UVigo para o ano 2023.
    A comisión dáse por informada.
  7.  Informe sobre a Oferta de Emprego Público para PTXAS da UVigo para o ano 2023.
    A comisión dáse por informada.
  8. Recepción, análise e valoración das conclusións da auditoría operativa sobre “Procedementos aplicados na xestión dos activos patrimoniais da UVigo, concretamente sobre os elementos do inmobilizado material”, referidos á salvedade do auditor nas contas anuais de 2022.
    A comisión dáse por informada.
  9. Redución de capital social de Cidade Universitaria, S. A. (CUSA) para restablecer o equilibrio patrimonial da sociedade. Acordo que proceda, consonte a normativa aplicable.
    Infórmase favorablemente.
  10. Aprobación, se procede, da modificación dos prezos públicos por servizos deportivos da UVigo en 2024.
    Infórmase favorablemente.
  11. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo en setembro, outubro e novembro de 2023.
    A comisión dáse por informada.
  12. Rogos e preguntas.
    Interveñen Jesús Graña e mais o presidente.