O Consello Social e a UVigo darán a coñecer o xoves 21 de decembro os gañadores e gañadoras da IV edición dos Premios Consello Social UVigo Humana. Será no edificio Redeiras nunha gala presidida polo presidente do Consello Social –Ernesto Pedrosa– e o reitor –Manuel Reigosa-.
Os Premios Consello Social UVigo Humana botaron a andar en 2019 como unha iniciativa coa que se pretende recoñecer o labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais que sobresaen na súa traxectoria en calquera ámbito relacionado coa solidariedade e a cooperación. Concédense dous premios, un a nivel galego e outro internacional dotados cun diploma acreditativo e un agasallo institucional.
Pola súa contribución a crear un mundo máis comprometido, solidario e xusto, a nivel galego, premiouse xa o labor do foro socioeducativo Os Ninguéns, a asociación Provivenda e a Coordinadora Galega para o Desenvolvemento e, a nivel internacional, recoñeceuse o traballo levado a cabo pola asociación Enxeñaría Sen Fronteiras, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Asociación Integral de Rescate de Emergencias, AIRE.
Nesta ocasión, a gala estará conducida polo vicerreitora de Benestar, Equidade e Diversidade, María Isabel Doval, e contará coa actuación musical da cantante e compositora galega Su Garrido.
Podes atopar toda a información sobre os premios na web seguinte