Actos do presidente

A ministra de Educación e a presidenta da Fundación presentan o Informe CYD2023

2024-01-15T11:56:18+00:0012 de Xaneiro de 2024|Actos do presidente, Novas|

O mércores 10 de xaneiro na Casa de América de Madrid, presentouse o Informe CYD 2023. Presidiron o acto a minsitra de Educación, Formación Profesional e Deportes e voceira do Goberno de España, Pilar Alegría, e a presidenta da Fundación CYD, Ana Botín. Sobre a universidade e os seus retos máis inminentes analizados no informe debateuse nunha mesa redonda, moderada por Sònia Martínez, directora da Fundación CYD, na que participaron: Antonio Abril, presidente da Conferencia de Consellos Sociais de Universidades, María Blasco, directora científica do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas, Manuel Cermerón, director xeral de Agbar e de Veolia España, José Lujan, reitor da Universidad de Murcia e delegado da Presidencia de CRUE para o desenvolvemento da LOSU, Verónica Pardos, estudante de Dereito e Administración de Empresas da Universidad de Zaragoza, e José Manuel Pingarrón, secretario xeral de Universidades. Ao acto asistiu tamén o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.

A educación como garante da igualdade de oportunidades

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, no acto de presentación.

A ministra de Educación e a presidenta da Fundación CYD  destacaron a importancia que a educación ten para garantir a igualdade de oportunidades e a necesidade de reforzar a formación e a educación ao longo da vida para facer fronte aos retos sociais e económicos. Conversaron tamén sobre os retos nas diferentes etapas formativas do sistema educativo: desde as accións para promover a mellora dos resultados académicos, as iniciativas para fomentar as vocacións STEM e promover unha maior presenza das mulleres nos postos de liderado ou o papel da escola e a universidade ante a dixitalización e a transformación tecnolóxica. A ministra insistiu en que os resultados de PISA mostran que o sistema educativo español é un dos que mellor resistiu o impacto da pandemia e da nova lei educativa, que incide fundamentalmente na aprendizaxe por competencias.

As prioridades máis inminentes para a universidade española

O Informe CYD 2023, o informe de referencia da universidade en España, que analiza, diagnostica e propón liñas de mellora para a universidade española co fin de favorecer a súa contribución ao desenvolvemento económico e social, apunta 7 prioridades estratéxicas: aumentar o investimento, atraer talento e asegurar a substitución xeracional, mellorar a empregabilidade, aumentar a transferencia de coñecemento, promover a internacionalización, mellorar o acceso e a equidad e acelerar a transformación dixital.

Podes descargar o informe facendo clic no seguinte botón:

IR Á WEB DO INFORME CYD