A Cátedra ALDABA-WIB pon en marcha unha segunda edición do ALDABA-TIC CAMP, o campus tecnolóxico de verán para nenas e nenos nadas/os entre os anos 2012 e 2018, ambos incluídos. O obxectivo deste campamento é espertar vocacións tecnolóxicas en mozas en idades temperás, darlles a coñecer o mundo TIC e axudarlles a desenvolver habilidades dunha maneira divertida. En liña cun dos principais obxectivos da Cátedra ALDABA WIB –fomentar as vocacións TIC entre nenas e mozas – resérvase un 80% das prazas para nenas. Nestá edición poñemos en marcha unha segunda misión coa que queremos explorar o fondo do mar: Misión nas Profundidades.
O campamento realizarase na Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo, en Ourense en horario de 9:00 a 14:00, con servizos opcionais de madrugadores (8:00 a 9:00) e comedor (14:00 a 15:00) entre os días 24 e 28 de xuño de 2024 (30 prazas) e está patrocinado polo Consello Social da UVigo, que subvenciona o 50% da matrícula, e realízase coa colaboración de Play Code Academy e a Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo.
As inscricións ábrense o 21 de maio a partir das 10:00h. Proximamente máis información en tic-camp.aldaba.es