Actos do presidente

[ACTUALIZACIÓN VÍDEO] O Consello colabora co 2º Encontro Rederas, no que profesionais da comunicación en RRSS de 33 universidades debaten sobre o seu quefacer

2024-05-31T17:37:47+00:0023 de Maio de 2024|Actos do presidente, Colaboracións e patrocinios|

As universidades contan na actualidade con xestores de redes sociais institucionais que, dende o ano 2023 teñen un punto de encontro no simposio Rederas. Despois dunha primeira edición en Murcia, este ano a organización do evento corre a cargo da Universidade de Vigo, contando co apoio do Consello Social. Desde o xoves 23 ao venres 24 de maio, 33 responsables da xestión das redes sociais de universidades españolas danse cita neste foro para analizar retos, novas tendencias e boas prácticas relacionadas co uso das RRSS como “canles imprescindibles para manter unha comunicación aberta e fluída coa comunidade universitaria”.

Participantes no II Encontro “Rederas” nunha aula do edificio Redeiras

O presidente do Consello Social recordou nas súas palabras que “entre os maiores obxectivos aos que debe aspirar unha universidade está o recoñecemento, o aprecio e a confianza da sociedade que a sostén, porque é aí onde se xogan os seus resultados e tamén os seus recursos, é onde está a base de todo o demais”. Para acadar este recoñecemento, Pedrosa considerou esencial a visibilidade, “unha visibilidade que se consegue a través da comunicación”, convertendo as propias institucións “nun material informativo fluído e transparente para que a sociedade as entenda, as integre, as queira e as senta útiles”. Tamén trasladou o seu desexo de que exista “unha militancia” coa universidade, “para que se sinta como un patrimonio colectivo” e avogou por construír esta adhesión co “material de máis alta resistencia, o afecto, quizais o que máis precisan hoxe en día as universidades xunto co recoñecemento”.

O encontro estrutúrase en catro eixos temáticos: “Novas narrativas e tendencias”, “Como medimos en redes sociais?”, “Intelixencia artificial” e “Boas prácticas”.  Aquí, premendo na ligazón, podemos atopar o programa completo.

Polo seu interese recollemos a intervención de Ernesto Pedrosa que se pode ler ao facer clic no botón de abaixo

Ler a Intervención de Pedrosa en REDERAS II

 

[ACTUALIZACIÓN VÍDEO]

O 30 de maio publicamos un vídeo do evento realizado por UVigoTV