Actos do presidente

O presidente do Consello modera o debate “Universidade, empresa e sociedade. Presente e futuro” organizado polo Foro Empresa Pontevedra

2024-06-19T17:52:16+00:0019 de Xuño de 2024|Actos do presidente, Novas|

O coloquio celebrouse na mañá do mércores 19 de xuño nun hotel de Pontevedra e foi presentado e moderado polo presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa. O foro, con formato de almorzo, tiña como obxecto debater sobre as conexións e vías de traballo conxunto entre as institucións académicas e o tecido empresarial. Á par de Pedrosa participaron o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros; o da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, José García; o de Aempe, José María Corujo; e o da asociación de pequenas empresas APE Galicia, José Ramón Caldas; así como da presidenta de AJE-Pontevedra, Valeria Giráldez. Centrado na “forma na que a ciencia, a universidade e a empresa deben relacionarse”, como apuntou o presidente do Consello, a este encontro asistiron tanto representantes do tecido empresarial, como responsables institucionais, así como as vicerreitoras de Investigación, Transferencia e Innovación e do campus de Pontevedra.

Imaxes da mesa do coloquio e do folleto repartido coa convocatoria