Comisión executiva

Acórdase informar favorablemente da creación do Instituto de Investigación Lingua, colaborar co X Memorial Manuel Serra, apoiar economicamente diversos eventos e designar varios representantes do Consello

2024-10-25T18:42:41+00:007 de Outubro de 2024|Comisión executiva|

O luns día 7 de outubro de 2024, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.05.2024).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do presidente.
  3. Presentación dos resultados da enquisa de autoavaliación e desempeño do Consello Social, e configuración do novo cadro de asistencias.
    A Comisión dáse por informada.
  4. Informe que proceda sobre a creación do Instituto de Investigación Lingua. (Consello de Goberno do 30 de xullo de 2024).
    Apróbase elevar informe favorable ao Pleno.
  5. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración económica do Consello Social para a organización do X Memorial Manuel Serra, sobre “Dereito procesual e cidadanía: retos socioeconómicos e politización da xustiza”, en Ourense.
    Concédese unha axuda.
  6. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico do Consello Social para a organización do Salón de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL), en Pontevedra.
    Concédese a axuda.
  7. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico, por circunstancias excepcionais, para desenvolver o Programa da Universidade de Vigo que facilita a xoves con discapacidade intelectual acceder á formación universitaria, mediante un título propio que se imparte para o emprego e a vida autónoma.
    Apróbase unha asignación.
  8. Proposta de designación da representación do Consello Social no Instituto de Investigación Lingua da Universidade de Vigo.
    Apróbase por asentimento.
  9. Proposta de designación da representación do Consello Social no Consello Reitor do Campus Auga.
    Apróbase por asentimento.
  10. Aprobación do aumento e designación, se procede, de dous novos membros para formar parte da Comisión Económica do Consello Social.
    Apróbase por asentimento.
  11. Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2026/2027.
    A Comisión dáse por informada.
  12. Rogos e preguntas.
    Non hai.
Acordos da CEX do 7-10-2024 Documento PDF, 167 KB