Desde o mércores 9 de outubro ao venres 11, máis de 10.000 persoas –segundo a organización– visitarán o recinto feiral do Pazo da Cultura de Pontevedra co obxectivo de coñecer máis ao detalle diferentes opcións formativas, na décimo terceira edición do Salón de Educación e Formación de Galicia (Edugal). Este ano, un terzo dos 60 expositores presentes na feira corresponden á UVigo, representada por 19 facultades e escolas dos tres campus, ás que se suma o posto de Servizos Centrais e do Centro de Posgrao e Formación Permanente.
Edugal está promovido pola Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra (Aempe), coa colaboración e conta coa colaboración do Consello Social da UVigo. O evento foi inaugurado polo conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez e polo presidente do Consello Social Ernesto Pedrosa, quen afirmou que Edugal é “un destino obligado, xa que a educación, a empregabilidade e a cultura estan no centro das prioridades do Consello”.
Na xornada inaugural participou tamén a vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón, quen definiu este evento como “unha oportunidade de conectar con estudantes de secundaria e bacharelato”. De aí que incidise na importancia de que a Universidade as súas “titulacións e proxectos, que non só se centran na formación teórica, senón tamén na práctica e a inserción laboral”, nun “escaparate” que permite aos mozos e mozas “tomar decisións informadas sobre o seu futuro”.