A capacidade lexislativa das asembleas das comunidades autónomas para regular as funcións dos consellos sociais deixa aberta unha porta para avanzar cara a novas formas de goberno, que permitan mellorar o posicionamento competitivo das universidades e a súa achega ao desenvolvemento económico e social.
Dentro da CCS estamos convencidos de que a necesidade de adaptar a nova realidade que representa a LOSU ao novo marco normativo autonómico aplicable ás universidades, constitúe unha oportunidade para os consellos sociais. Estou seguro de que a futura norma autonómica pode ensanchar e fortalecer a presenza dos consellos sociais na vida universitaria galega.
E un dos puntos destacados está no artigo 47.2.l que cita como función do Consello Social “Velar polo cumprimento dos principios éticos e de integridade académica, así como das directrices antifraude, que deben guiar a función docente e a investigación, en colaboración cos organismos e plans dos que, para estes efectos, dispoña cada universidade”.
Convirá, a través do desenvolvemento lexislativo, determinar o alcance do impreciso termino velar. E é importante posto que, de darse algún incumprimento, podería eventualmente derivarse algún tipo de responsabilidade do CS, dependendo do alcance e o significado que se dá á mencionada expresión. Por tanto, velar debe interpretarse como control e supervisión efectiva do compliance universitario.
Por iso parece necesario resaltar que o Regulamento que establece e regula a canle interna de información da UVigo, aprobado polo Consello de Goberno da UVigo, o 20 de decembro de 2024, recolle no artigo 16 que “O reitor, ou a persoa que designe, presentará anualmente ante o Consello Social un informe non que dará conta do número e tipo de informacións presentadas a traves da canle interna, do número daquelas que foron rexeitadas e as súas causas, así como do número dás que foron obxecto de investigación e o resultado das mesmas”. Agradezo a sensibilidade do goberno da UVigo ao recoller este compromiso.
Neste mesmo contexto sería desexable que o Regulamento dás Normas de Convivencia se modificase cun artigo semellante, no que se informase das actuacións do Consello Social. Desta forma quedaría na normativa propia da universidade a obriga de reportar ao Consello Social todas as actuacións relativas ao establecido tanto no artigo 39.4 como no artigo 47.2.1, e o Consello Social, con independencia das decisións ou medidas que poida adoptar, de maior ou menor implicación, cumpriría o mandato da LOSU de “velar” que se cumpran os principios éticos e de integridade académica.
Aproveito para agradecer á secretaria xeral, María Jose Bravo, o informe que nos presentará no punto 4.
Relevante tamén nesta sesión é o temario económico, con puntos dos que me consta que foron moi madurados e moi debatidos na comisión que preside Juan Manuel Vieites, ao que – ao igual que á xerente e ao resto de compoñentes– recoñézo ese traballo intenso que –vistas as alertas económicas que están a lanzar cada vez máis universidades– nos dá moita tranquilidade.
Respecto da Conferencia de Consejos Sociales (CCS), doulles dúas noticias:
A primeira, a reunión co Secretario General de Universidades, na que se falou sobre financiamento e uso eficiente dos recursos (alcanzar o 1% do PIB destinado a universidades no 2020, e elevar a achega das empresas privadas, que sen o Banco de Santander ou a Caixa, é moi baixa, apenas 87 millóns de euros). O Secretario General anunciou a inminente modificación do decreto sobre creación de universidades para garantir estándares mínimos de calidade para as novas institucións, públicas e privadas, avogou por maior transparencia e avaliación, e por atraer talento internacional.
E unha segunda noticia que lles comunico é un pequeno desencontro polo que as universidades públicas madrileñas e a pública de Navarra abandonaron a Conferencia, na confianza de que se restaure o entendemento o máis axiña posible.
Para este punto remitíronselles varias gráficas que resumen as axudas concedidas en 2024, desagregando o recibido polas vicerreitorías, o número de reunións e acordos adoptados nese mesmo exercicio e as asistencias.
E remato compartindo a crecente preocupación polo escaso mercado de aloxamentos do que dispón o estudantado no tres Campus. Varias universidades están a deseñar proxectos e fórmulas a medio prazo para ampliar a oferta, os fondos de investimento están a entrar neste negocio residencial e as aspiracións de facer unha universidade internacional e atractiva para captar matrículas fóra da comunidade fai que esta carencia se manifeste como un enorme obstáculo. Desde o CS promoveremos un estudo robusto e útil que dimensione o problema e nos permita avanzar en solucións reais.