Como informamos hai uns días, o Observatorio de Persoas Tituladas co patrocinio do Consello Social, está a facer unha macroenquisa de inserción laboral das persoas tituladas da UVigo no período de 1990 a finais de 2024.
Partindo dunha entrevista realizada para o podcast da UVigo sobre dita enquisa de inserción laboral, presentan tres formas de acceder á información:
- Escoitar o capítulo do podcast SonUVigo [preme para escoitar].
- Ler a transcripción na web do Observatorio [facer clic para ir], e
- Escoitar a entrevista, e mesmo lela, nun vídeo de YouTube [clic para ver/escoitar].