O xoves, día 20 de febreiro de 2025, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo, co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (29.07.2024).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, da distribución de axudas a Prácticums, convocadas polo Consello Social para 2025.
Apróbase por asentimento. - Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do “VI Seminario Internacional sobre Democracia, Cidadanía e Estado de Dereito”.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a colaboración do Consello Social no patrocinio do “Congreso de Divulgación, Transferencia e Impacto Social da Ciencia – CoDi”, no campus de Ourense.
Asígnase unha achega. - Aprobación, se procede, da dotación económica que corresponda para a organización da V edición dos Premios Consello Social UVigo_Humana.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio solicitada pola Escola de Enxeñaría Industrial para promover actividades en colexios e institutos coa Competición de Robots.
Asígnase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a aportación solicitada para a organización dun seminario sobre a Lei Orgánica de Amnistía, na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre o apoio solicitado polo Instituto de Estudos Vigueses para desenvolver un ciclo de conferencias en 2025.
Apróbase unha achega excepcional para báner e folletos. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada dende o Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá, para un congreso de expertos sobre multilingüismo.
Acórdase unha achega. - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para fomentar e mellorar a formación en Matemáticas na última etapa de Primaria e primeiros cursos de Educación Secundaria.
Apróbase unha axuda. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para elaborar un estudo socio-lingüístico sobre o portugués arraiano falado en España, a cargo dun equipo investigador da UVigo.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de colaboración co proxecto “CinVigo. Ciencia na rúa”, organizado por CINBIO para fomentar vocacións en Secundaria e Bacharelato e amosar traballos de investigación á sociedade.
Acórdase unha achega para comunicación e difusión. - Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade para organizar a Feira EMPREGO in CAMPUS que relaciona a empresas e estudantes de Galicia e o norte de Portugal.
Apróbase unha achega. - Proposta de renovación do servicio externo para o mantemento informático e actualización continua dos contidos escritos e gráficos da web do Consello Social.
Asígnanse as cantidades correspondentes. - Informe sobre o Regulamento e a posta en marcha da Canle interna de información e de denuncia da UVigo. (Plan de medidas antifraude).
A comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Intervén o secretario para informar sobre as axudas concedidas entre 2019 e 2024.
Acta CAS 20-02-2025
Documento PDF, 295 KB