Colaboracións e patrocinios

No Flúor, 10 estudantes de Comunicación reúnense con empresariado de publicidade e márketing co patrocinio do Consello Social

2025-05-19T18:00:46+00:0019 de Maio de 2025|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Celébrase a sétima edición do congreso de márketing Flúor, promovido polo Clúster da Comunicación de Galicia. A cita reune en Pontevedra un bo número de profesionais da comunicación, a publicidade, a creatividade e o márketing que na xornada do venres 16 de maio puideron coñecer de primeira man as habilidades e proxectos do alumnado da Facultade de Comunicación. Así na segunda xornada celebrouse unha speed dating dirixida a xerar un contacto directo entre dez estudantes do centro e as persoas responsables de once empresas. Esta incitiva contou co patrocinio do Consello Social.

Unha decena de estudantes do Grao en Publicidade e Relacións Públicas e dos mestrados en Dirección de Arte, Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais, a través de intervencións de cinco minutos, deu a coñecer os seus proxectos e intereses a responsables das empresas, que previamente presentaran os seus ámbitos de traballo. En concreato, a: Iuni strategic marketers, Marquid consulting, Visual VR, Cecubo Group, Recados Carmen, Raiola, A Meiga Márketing, Asomados, Avante, Siete Olas e Ahao Studio.