O martes, 25 de marzo de 2025, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da Orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (27.12.2024).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Informe do reitor.
- Informe sobre a nova Canle interna de información e denuncia da Universidade de Vigo, ao abeiro da LOSU, Plan de medidas antifraude. Papel do Consello Social.
O Pleno dáse por informado.
Propostas informadas favorablemente e acordos da Comisión de Actividades e Servizos do 20.02.2025
- Aprobación, se procede, da distribución de axudas a Prácticums, convocadas polo Consello Social para 2025.
Apróbase por asentimento. - Proposta de renovación do servicio externo para o mantemento informático e actualización continua dos contidos escritos e gráficos da web do Consello Social.
O Pleno dá a súa conformidade. - Outros acordos: Axudas e patrocinios.
O Pleno dáse por informado.
Propostas con informe favorable, acordos e supervisión da Comisión Económica do 06.03.2025
- Liquidación provisional do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2024. Carta de avance de auditoría.
O Pleno dá a súa conformidade. - Seguimento das recomendacións do Consello de Contas á UVigo e proposta para FEUGA.
O Pleno dá a súa conformidade. - Novo ámbito para elaborar un informe de auditoría operativa de procedementos e sistemas, na UVigo.
O Pleno dá a súa conformidade. - Informe de aproveitamento das últimas auditorías operativas: Xestión dos activos patrimoniais da UVigo, e Intervención dos gastos máis representativos da UVigo: capítulo I.
O Pleno dáse por informado. - Outros asuntos: Modificación da RPT. Oferta de emprego público do PDI e do PAS correspondente a 2024.
O Pleno dá a súa conformidade. - Aprobación, se procede, dos prezos para os complexos residenciais da UVigo para o curso 2025/2026.
O Pleno ratifica o acordo. - Aprobación, se procede, da doazón dun equipo de Lonza Biologics Porriño, S. L. ao centro de investigación CINBIO da UVigo.
O Pleno ratifica o acordo. - Informes de control e seguimento de competencias: Comunicación ao Consello Social das doazóns menores e correntes. Comunicación ao Consello Social da cesión gratuíta de espazos da UVigo. Convenios.
O Pleno dáse por informado.
- Acordo que proceda sobre a colaboración solicitada pola Vicerreitoría de Pontevedra, para desenvolver actividades no Campus no ano 2025.
Apróbase unha determinada achega. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico solicitado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, para desenvolver a “I Olimpíada de Enerxía”.
Apróbase unha determinada achega. - Rogos e preguntas
Interveñen: Elena Añel, o Reitor e Juan José Santamaría.