Atendendo á lexislación e á normativa específica, o Consello Social ten representación nos seguintes órganos:
Consello Galego de Universidades
En virtude do artigo 12 da Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e o Consello Universitario de Galicia (DOG nº 103, do 2 de xuño) os presidentes dos Consellos Sociais das Universidades galegas pertencen ao Consello Universitario de Galicia.
En virtude da Lei 2/2003, do 22 de maio, o Consello Universitario de Galicia pasa a chamarse Consello Galego de Universidades.
Representante no Consello: Ernesto Pedrosa Silva
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Na resolución do 12 de marzo de 2001 da Dirección Xeral de Universidades, pola que se publica o convenio de colaboración asinado o día 30 de xaneiro de 2001 entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo créase o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).
Na cláusula quinta desta resolución apróbanse os estatutos do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). En virtude dos artigos 14 e 21 destes estatutos os presidentes dos Consellos Sociais das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo forman parte do Consello de Dirección do devandito consorcio, e un representante do Consello Social de cada universidade consorciada formará parte do Consello Técnico da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
Actualmente a representación do Consello Social da Universidade de Vigo é asumida no Consorcio polo presidente, Ernesto Pedrosa Silva, e no Consello técnico polo secretario, Ignacio Rodríguez Iglesias.
Consello de goberno da Universidade de Vigo
No Pleno do 23 de setembro de 2021 foron elixidos os representantes do Consello Social no Consello de Goberno da Universidade:
Ernesto Pedrosa Silva
Presidente do Consello Social
César Blanco Gómez
Intereses Sociais – Ourense
Xulio Calviño Rodríguez
Intereses sociais – Vigo
Máis información sobre o Consello de goberno da Universidade de Vigo
Comisións do Consello de goberno
Posteriormente á designación comunicóuselles aos representantes no Consello de Goberno a adscrición ás comisións específicas, quedando do seguinte xeito:
Comisión de Extensión Universitaria e Estudantado:
Ernesto Pedrosa Silva
Comisión de Investigación:
Xulio Calviño Rodríguez
Comisión de Organización Académica e profesorado:
César Blanco Gómez
Comisión de Planificación e Asuntos Económicos:
Xulio Calviño Rodríguez
Comisión de Transferencia e relacións coa sociedade da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCSU)
A comisión aborda todos os asuntos que en materia de relacións coa sociedade compete aos Consellos Sociais das Universidades Españolas.
Representante:
Ernesto Pedrosa Silva
Comisión Académica da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCSU)
A comisión aborda todos os asuntos que en materia académica compete aos Consellos Sociais das Universidades Españolas.
Representante:
Ernesto Pedrosa Silva
Comisión Económica da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas (CCSU)
Esta comisión é a encargada de informar e propoñer asuntos de materia económica ao Comité Executivo e á Asemblea Xeral. Así mesmo aborda todos os asuntos que en materia económica compete aos Consellos Sociais das Universidades Españolas.
Representante:
Ernesto Pedrosa Silva
Ir á web da Conferencia de Consellos Sociais
Fundación Universidade de Vigo
A representación do Consello Social na Fundación Universidade de Vigo reflíctese no órgano de máis alta xerarquía da Fundación que é o Padroado da FUVI, que lle corresponde ao presidente do Consello Social como patrono nato. A seguinte representación recae no secretario e fíxose efectiva por designación do presidente do Consello Social, quen previamente deu conta ao Pleno. O secretario do Consello Social forma parte do Consello Executivo da Fundación.
Representante no Padroado:
Ernesto Pedrosa Silva
Ir á Fundación Universidade de Vigo
Mesa de contratación da Universidade de Vigo
Por acordo do Pleno reunido con data 23 de setembro de 2021 e consonte resolución do Consello Social do 29.09.2021, desígnase un membro permanente na Mesa de Contratación da Universidade de Vigo, en representación do Consello Social.
Representante:
Jesús Graña Nogueiras
Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo
Por acordo do Pleno reunido con data 23 de setembro de 2021, designouse representante do Consello Social na Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo.
Representante:
Mercedes Castro Mouzo
Máis información sobre a igualdade na Universidade de Vigo
Comisión de seguimento do Plan Estratéxico da Universidade de Vigo
No Consello de Goberno celebrado o 12 de marzo de 2021 acórdase o representante do Consello Social na comisión de seguimento do Plan Estratéxico da UVigo.
Representante:
Jesús Graña Nogueiras
Comisión reitora de Centros de Investigación
Constituída o 24 de marzo de 2020 segundo o artigo 15 da normativa de Grupos, agrupacións e centros de investigación da Universidade de Vigo (Consello de Goberno do 26.06.2019).
Representante:
Ernesto Pedrosa Silva