O Consello Social da Universidade de Vigo está composto por 31 membros. Deles, a maiores da Presidencia, 22 conselleiros actúan en representación dos intereses sociais e outros 8 o son como delegación da comunidade universitaria. O conxunto de todos os vogais conforma o Pleno que é o principal órgano colexiado do Consello.
Outros órrganos colexiados son as Comisións. O Consello conta con tres comisións permanentes para desenvolver os labores que ten encomendados: a Executiva, a Económica e a de Actividades e servizo.
O Consello Social dispón tamén dunha Secretaría que conta con medios materiais e persoais para cumprir os seus obxectivos.
Para coñecer a composición e actividades de cada un destes órganos fai clic nas ligazóns de abaixo:
- Presidencia
- Pleno
- Comisión Executiva
- Comisión Económica
- Comisión de Actividades e Servizos
- Secretaría