Project Description
A conciliación en relación coa familia e o traballo é o tema central deste estudo, no que se amosan medidas conciliadoras e se abordan dende distintas ópticas que teñen en conta as dificultades, as barreiras, o xénero, a mediación, as estratexias Empresariais e o papel que están a xogar as TIC’s. A autora, Raquel Vázquez, considera a conciliación unha área prioritaria para unha sociedade xusta e igualitaria, e avoga por facer un labor de sensibilización das novas xeracións, comezando polos universitarios.
Esta publicación contou coa colaboración do Consello Social da Universidade de Vigo para a súa edición.
Máis abaixo podes ler o prólogo do libro.