Project Description
A obra contén unha escolma das ponencias presentadas no XII Congreso internacional da Research Network for the Study of Fascisms, Authoritarianisms, Totalitarianisms and Transitions to Democracy (REFAT) celebrado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo (campus de Pontevedra) entre o 16 e o 18 de outubro de 2019. O evento reuniu a un conxunto de historiadores de varias especialidades para abordar o fenómeno da comunicación social atendendo ás interaccións da opinión pública cos diferentes actores políticos en contextos autoritarios ou de transicións dende rexímenes ditatoriais a modelos democráticos.
Mediante diferentes metodoloxías de análise centradas nos movementos autoritarios dos séculos XX e XXI no Sur de Europa e Latinoamérica dende escenarios de reflexión teórica ou temática comparada sobre os múltiples enfoques do tema de estudo, os autores debullan os aspectos máis relevantes sobre as técnicas e as estratexias de comunicación. De maneira especial, a obra estuda fenómenos políticos asociados ó fascismo italiano, ó franquismo, ó salazarismo e ó varguismo como modelos autoritarios ou totalitarios paradigmáticos na historia contemporánea, tendo en conta tamén os posibles reflexos ou semellanzas que puideron ter noutros países. Pero tamén hai aproximacións á propaganda na Alemaña nazi, na ditadura chilena de Augusto Pinochet ou no Brasil de Jair Bolsonaro.
Coordenaron esta edición:
Alberto Pena Rodríguez
Mª Victoria Martíns Rodríguez
Xosé Manuel Baamonde Silva
Mónica Valderrama Santomé