Project Description
O Consello Social e a Fundación Universidade de Vigo veñen colaborando nos últimos dez anos na elaboración de estudos e informes de interese para a comunidade universitaria. Ambas entidades comparten o obxectivo de achegar a Universidade de Vigo á súa contorna social e económica e, entre outros, teñen como fins específicos: a realización de actuacións que favorezan a empregabilidade do estudantado, impulsar vía de colaboración con entidades e empresas, e a análise de distintos aspectos que podan apoiar a formación universitaria e o desenvolvemento local.
O informe ten por principais obxectivos:
- Identificar os ámbitos de formación que acadan un maior nivel de prácticas
- Dispoñer de datos comparativos desde unha perspectiva temporal
- Apoiar o valor estratéxico da UVigo como motor de desenvolvemento social e económico
- Apoiar posibles actuacións que favorezan a empregabilidade dos titulados universitarios
Os indicadores analizados son:
- Nº de prácticas realizadas extracurriculares
- Nº de empresas/entidades colaboradoras
- Nº de prácticas realizadas por ámbito de coñecemento do alumnado
- Sectores económicos/sociais das empresas/entidades nas que se realizan as prácticas
- Tipo de empresas e entidades
- Relación entre sectores económicos e ámbito de coñecemento do alumnado na realización de prácticas
- Ratio: nº estudantes / empresa
- Nº de prácticas por sectores e sexo
- Evolución das prácticas extracurriculares nos últimos 10 cursos académicos