Project Description
Este estudo persegue coñecer a percepción que os empregadores teñen respecto da empregabilidade dos estudantes universitarios en tres periodos. O primeiro refírese a un momento previo á declaración da pandemia pola Covid-19 (periodo un), o segundo, correspóndese co inicio da mesma (periodo dous) e, o terceiro, co seu transcurso (periodo tres).
Dun modo específico, analízase a opinión dos empregadores en relación a un conxunto de factores que determinan a empregabilidade dun estudante universitario. En particular, analízase o mercado laboral, as accións que desenvolven para a contratación de persoal, e as competencias que demandan aos futuros traballadores que se incorporarán ao cadro de persoal das súas empresas.