Project Description
O obxectivo principal deste estudo, realizado polo Observatorio de persoas tituladas é determinar o impacto laboral da pandemia de Covid-19 durante o ano 2021 nas persoas tituladas da UVigo, independentemente da promoción académica, titulación, lugar de residencia ou de traballo. No período avaliado, entre xaneiro y setembro de 2021, decorreron, de forma sucesiva, a terceira, cuarta e quinta ondas da pandemia.
O estudo estrutúrase en dúas partes:
- Metodoloxía, onde se define o proceso metodolóxico utilizado, incluíndo todas as informacións sobre a execución da enquisa aplicada sobre o impacto laboral da pandemia de Covid-19 durante o ano 2021 nas persoas tituladas da UVigo, e
- Análise dos resultados da enquisa, onde se analizan pormenorizadamente os resultados da enquisa autoaplicada, expresados a partir de 339 cadros, 167 anexos e múltiplos comentarios. Inclúe unha avaliación detallada das respostas en función de diferentes variábeis de segmentación, entre as cales, o xénero, ámbito académico, tipoloxía de estudos, evolución temporal ou campus.
Tamén é posible descargar un resumo de 24 páxinas [PDF, 1.4MB]