Project Description
O Consello Social e a Fundación Universidade de Vigo veñen colaborando desde hai anos, entre outras cousas, no estudo e análise das prácticas académicas externas da Universidade de Vigo, ferramenta decisiva na formación integral do estudantado, xa que axuda a que se acheguen á realidade profesional e facilitan a súa relación cos distintos sectores socio-económicos.
Dentro desta colaboración, desde o curso académico 2011/2012, se elabora un informe de prácticas académicas extracurriculares por sectores de actividade. Estes informes tratan e sistematizan a información dispoñible na Fundación Universidade de Vigo como entidade xestora das prácticas académicas extracurriculares. Dito informe organízase en dúas partes:
- Parte 1. Informe de prácticas académicas externas extracurriculares por sectores empresariais e titulacións curso académico 2021/2022.
- Parte 2. Histórico de datos de prácticas académicas externas extracurriculares.