Colaboracións e patrocinios

O Consello Social colabora coa celebración en Vigo do congreso do Consello Estatal de Estudantes de Telecomunicación

2023-09-19T09:16:48+00:0019 de Setembro de 2023|Colaboracións e patrocinios, Novas|

Académicos, estudantes e profesionais do sector de telecomunicacións reflexionaron o venres 15 de setembro en Vigo sobre a situación dunha profesión en pleno auxe, cunha moi elevada demanda de profesionais, salarios por riba da media… e con menos vocacións das desexables. Fixérono ao coincidir na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo a reunión plenaria da Conferencia de directores das escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Coditel, e o congreso anual do Consejo Estatal de Estudiantes de Telecomunicación,  que por primeira vez na historia de ambos encontros uniu no mesmo lugar os tres actores fundamentais do sector: estudantes, académicos e colexios profesionais.

Medio cento de estudantes chegados de 22 universidades

O Congreso anual do Consello Estatal de Estudantes de Telecomunicación reuniu na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo medio cento de estudantes de 22 universidades de todo o estado, que ao longo de cinco días tiveron a posibilidade de debater sobre os diferentes plans de grao que afectan ás telecomunicacións, isto é: grao coa mención en electrónica, grao coa mención en son e imaxe, grao coa mención en sistemas, grao coa mención en telemática e dobre grao.

Dentro da programación do congreso o sábado 20 tivo lugar, no Museo Verbum Casa das Palabras, a feira ExpoTIC, “onde empresas do sector das TIC impartirán ponencias de alto nivel”, subliñou o estudante Anxo Rodríguez, membro da comisión organizadora do encontro, quen tamén indicou que as empresas terán tamén espazo para falar man a man cos e coas congresistas.

O Consello Social colaborou nestes eventos.