O luns día 7 de outubro de 2024, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
ORDE DO DÍA
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.05.2024).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Presentación dos resultados da enquisa de autoavaliación e desempeño do Consello Social, e configuración do novo cadro de asistencias.
A Comisión dáse por informada. - Informe que proceda sobre a creación do Instituto de Investigación Lingua. (Consello de Goberno do 30 de xullo de 2024).
Apróbase elevar informe favorable ao Pleno. - Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración económica do Consello Social para a organización do X Memorial Manuel Serra, sobre “Dereito procesual e cidadanía: retos socioeconómicos e politización da xustiza”, en Ourense.
Concédese unha axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico do Consello Social para a organización do Salón de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL), en Pontevedra.
Concédese a axuda. - Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico, por circunstancias excepcionais, para desenvolver o Programa da Universidade de Vigo que facilita a xoves con discapacidade intelectual acceder á formación universitaria, mediante un título propio que se imparte para o emprego e a vida autónoma.
Apróbase unha asignación. - Proposta de designación da representación do Consello Social no Instituto de Investigación Lingua da Universidade de Vigo.
Apróbase por asentimento. - Proposta de designación da representación do Consello Social no Consello Reitor do Campus Auga.
Apróbase por asentimento. - Aprobación do aumento e designación, se procede, de dous novos membros para formar parte da Comisión Económica do Consello Social.
Apróbase por asentimento. - Calendario e procedemento para a aprobación de verificación e modificación de titulacións de grao, máster e doutoramento para o curso 2026/2027.
A Comisión dáse por informada. - Rogos e preguntas.
Non hai.
Acordos da CEX do 7-10-2024
Documento PDF, 167 KB