Histórico

Seminario internacional de conclusións: a mediación como método de planificación social

2018-10-19T11:46:56+00:006 de Novembro de 2014|Novas, Prensa|

Os días 22 e 23 de setembro, tivo lugar na Facultade de Dereito do Campus de Ourense o “Seminario internacional de conclusións: a mediación como método de planificación social”, seminario que pechou un ciclo de traballo sobre o emerxente papel da mediación e da figura do mediador, levado a cabo desde 2012, que fixo posible que se puxeran en común diferentes modelos de resolución de conflitos.

Durante estes dous anos o que se fixo foi partir da experiencia que teñen países como Italia, Portugal e Brasil para valorar como é a situación do ordenamento xurídico español e afondar tanto na mediación como noutras fórmulas xurídicas que puidesen ser útiles para a resolución de litixios entre persoas. D.Ernesto Pedrosa, pola súa calidade tanto de xurista como de presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, foi a persoa encargada de impartir a conferencia inaugural.

 Ver nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo)