Estudos e informes

Informe de Prácticas extracurriculares por sectores empresariais e titulacións (2021-2022)

20 de Decembro de 2022|
Informe de Prácticas extracurriculares por sectores empresariais e titulacións (2021-2022)2022-12-20T11:31:39+00:00

Project Description

O Consello Social e a Fundación Universidade de Vigo veñen colaborando desde hai anos, entre outras cousas, no estudo e análise das prácticas académicas externas da Universidade de Vigo, ferramenta decisiva na formación integral do estudantado, xa que axuda a que se acheguen á realidade profesional e facilitan a súa relación cos distintos sectores socio-económicos.

Dentro desta colaboración, desde o curso académico 2011/2012, se elabora un informe de prácticas académicas extracurriculares por sectores de actividade. Estes informes tratan e sistematizan a información dispoñible na Fundación Universidade de Vigo como entidade xestora das prácticas académicas extracurriculares. Dito informe organízase en dúas partes:

  • Parte 1. Informe de prácticas académicas externas extracurriculares por sectores empresariais e titulacións curso académico 2021/2022.
  • Parte 2. Histórico de datos de prácticas académicas externas extracurriculares.