Outras publicacións

XXV anos da Asociación de Amigos da Universidade de Vigo

21 de Marzo de 2024|
XXV anos da Asociación de Amigos da Universidade de Vigo2024-03-21T17:02:00+00:00

Project Description

Nesta publicación de 238 páxinas publicada polo Consello Social da Universidade de Vigo e coordinada por José María Franco García e José Luis Vázquez López, presidente e vicepresidente, respectivamente, da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da UVigo recóllense perto dunha vintena de colaboracións de personalidades relacionadas coa Universidade de Vigo… tres reitores, o presidente do Consello Social, un presidente do Tribunal de Garantías da UVigo e diversos membros destacados da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos, entre outras persoas.

O conxunto dos traballos amosan unha radiografía da Asociación e máis da Universidade ao longo destes 25 anos de vida, ou 33 de contarmos desde a posta en marcha da UVigo.

A obra pódese descargar premendo no botón de máis abaixo.