Informe de prácticas académicas externas extracurriculares por sectores empresariais e titulacións 2020-2021
O traballo sistematiza a información recollida a partir da xestión das prácticas académicas extracurriculares que xestiona a Fundación Universidade de Vigo
Barómetro de empregabilidade da UVigo. Perspectiva dos empregadores na era COVID-19
O estudo ten como obxectivo analizar a empregabilidade dos estudantes universitarios desde a perspectiva dos empregadores antes e despois da pandemia COVID-19
Comunicación social e opinión pública nas ditaduras. Narrativas, idearios e representacións
A obra estuda fenómenos políticos asociados ó fascismo, ó franquismo, ó salazarismo e ó varguismo como modelos autoritarios ou totalitarios na historia contemporánea. Pero tamén hai aproximacións á propaganda na Alemaña nazi, na ditadura de Augusto Pinochet ou no Brasil de Bolsonaro.
Estudo sobre o impacto laboral da primeira onda da pandemia de Covid-19 nas persoas tituladas da UVigo
O estudo dá a coñecer a casuística que afecta ás persoas tituladas da Universidade de Vigo, a súa situación profesional antes e durante a primeira onda da Covid-19 (meses de marzo a xuño de 2020)
Ensayos académicos sobre Iberoamérica y Galicia
Conxunto de textos inéditos nos que a problemática agraria e o desenvolvemento rural en países iberoamericanos, así como a Política agraria común teñen unha destacada presencia.
“La conciliación. Un derecho imprescindible en el siglo XXI”
A conciliación en relación coa familia e o traballo é o tema central deste estudo, no que se amosan medidas conciliadoras e se abordan dende distintas ópticas.