“La conciliación. Un derecho imprescindible en el siglo XXI”
A conciliación en relación coa familia e o traballo é o tema central deste estudo, no que se amosan medidas conciliadoras e se abordan dende distintas ópticas.
100 titulacións da Universidade de Vigo (1990-2015). Formación complementaria e especialización profesional das persoas tituladas
Este estudo culmina un ciclo iniciado en 2017 coa publicación de 71.487 persoas tituladas da Universidade de Vigo (1990-2015). Evolución da oferta académica. Alén disto, este traballo pretende reflectir cada unha das distintas titulacións agrupadas [...]
“Debate sobre los debates electorales y nuevas formas de comunicación política”
Este traballo, que parte do estudo de diversos casos particulares e especialmente representativos das tendencias actuais na materia, ofrece unha análise e unha diagnose e, a partir delas, algunhas propostas para un modelo pluralista de debates electorais televisados.
Las esferas jurídicas de dos mundos
Monografía de Guillermo Suárez Blázquez que analiza a interacción entre as esferas xurídicas da posesión –gobernada pola lei natural–, e a do dominio –gobernada pola lei civil–.
Argimiro Rojo Salgado, o home smiling through. Libro homenaxe a un politólogo cosmopolita.
Libro homenaxe a quen "como ninguén, soubo darlle valor á Área de Ciencia política e administración", "consciente da súa responsabilidade individual e colectiva, para coa familia, colegas, institución e conxunto da globalidade cosmopolita”.
Barómetro de empregabilidade da Universidade de Vigo
O informe ten a pretensión de estreitar máis a relación entre a educación superior e as necesidades do mercado de traballo, nun momento no que moitos empregos están desaparecendo e, á súa vez, outros están xurdindo.