Actos do presidente

Intervención de Ernesto Pedrosa na Gala do Deporte 2015

2018-10-23T18:15:41+00:0020 de Novembro de 2015|Actos do presidente, Discursos do presidente|

GALA DO DEPORTE 2014

Intervención Ernesto Pedrosa

Querido Rector, universitarios, deportistas, autoridades, señoras e señores:
Ano tras ano e edición tras edición –como os deportistas adestran para o esforzo- eu prepárome tamén, pero para vir a esta gala a desfrutar. E bato todos os meus records de satisfación e de orgullo. A universidade é moito máis valiosa cando se relaciona co seu entorno, cando se mestura coas actividades sociais e se ofrece coa xenerosidade sabia dos que transitan polas cimas. Pero cando a conexión é entre universidade e deporte, os beneficios proxéctanse e multiplícanse, porque fortalecen, estimulan e modelan a musculatura máis sensible e sá da condición. De que outra maneira podería facerse se non a través do deporte?

Sempre que teño unha oportunidade como esta insisto en que a actividade deportiva conduce aos participantes cara maiores niveis de felicidade, reforza a súa intelixencia emocional, eleva as súas posibilidades de superación, amplía os seus espazos de interación e mellora o seu rendemiento social. Y ademais –engado este ano- crea as pezas máis valiosas para que o puzzle social que renovamos cada día. En definitiva: repórtanos maior calidade de vida a todos porque entrean valores supremos para forxar cidadáns solidarios, tolerantes e que se esforzan. E eses valores redundan automáticamente en toda a sociedade enteira, na súa forma de vivir e na calidade das súas relacións.

Certo que para chegar a esta conclusión tiven que documentarme ben, porque nas competicións universitarias hai moito trampantoxo, que confunde a quen se achega por primeira vez. A min pasoume cando vin que nas Ligas de fútbol sete, de fútbol sala ou de baloncesto competían equipos como Aston Birra, Esfínter de Milán, Drink Team, Schalke te piso ou o estratosférico Hello Kitty Destroyers.
A miña primeira reacción foi dubidar se entrara na páxina correcta; despois sospeitar do horario e lugar dos partidos, que seguramente sería nocturno e quizais en zonas de botellón; e finalmente decidín darle unha oportunidade á dúbid¡da.

Empecei a comprender mellor estas competicións cando lin as normas que todos os participantes (xogadores, adestradores e delegados) estaban obligados a usar a roupa oficial da universidade, e que deberían vestilas correctamente e con decoro. Esta palabra foi definitiva: rescatar unha palabra como decoro para unhas normas pareceume que era garantía de estar no sitio máis serio do que as apariencias indicaban. Pero quedoume máis claro cando souben que as mesmas normas proíben tabén usar a roupa oficial no que define como lugares inapropiados: saidas nocturnas, festas, supoñoo que verbenas, e contextos asimilados. Ben, imos ben.

Pero din máis as normas, proíben conductas inapropiadas, como fumar nos lugares non permitidos, consumir alcol de forma irresponsable ou non respetar os horarios de descanso dos compañeiros. Nada din de non defraudar a Facenda, non extorsionar a compañeiros con videos sexuais, ou non desfilar con máscaras de Hallowen por recintos deportivos. Deduzo, por tanto, que poden perfectamente competir na liga de fútbol profesional ao máis alto nivel, sen desentonar.

Tamén descubrín que se un equipo de fútbol recibe un cartón vermello, o equipo adversario sumará un gol. Pero se é en baloncesto, os equipos sumarán un punto por cada falta que cometa o rival. Outra boa experiencia: poderiamos intentar comprobar se estas reglas poderían ser trasladadas como solución aplicable á xestión pública, mesmo a Cataluña, por exemplo.

Non me extendo máis. Como presidente do Consello Social, súmome a este acto con enorme satisfacción, e comprobo que aquí está presente unha universidade enriquecida e conectada coas nosas maiores esperanzas e co pulso social. Unha universidade dinámica, sensible, motivadora y formadora de espíritus moralmente aventaxados, dos que tanta necesidade temos e tanta falta nos fai.

E isto é así porque a universidade ampara e tutela a actividade deportiva con regras peculiares que afondan na formación integral dos competidores, coidan do bo fin dos esforzos e dos sacrificios que fan os seus deportistas e preocúpanse de incentivar e desenvolverr as súas bondades orixinais. Dino nas propias regras da competición universitaria, que tanto me chamaron a atención.

¡Ah, e os árbitros!. Perdoen. Non me resisto. Con eles a normativa é especialmente exixente: deberán encargarse de recoller e devolver todo o material para a disputa dos encontros, desde o balón ata o silbato. Gustaríame velo tambén na elite. Pero ademais están obrigados a comparecer e actuar con rigor, baixo pena de perder os seus dereitos como bolseiros…..Esto é xa un asunto serio. Dan ganas de abrazalos.

En fin. Debemos asumir, por tanto, que o futuro está baseado nunha boa formación, que debe ser inculcada co coñecemeento, pero tamén cos valores e as fortalezas, como os que se fomentan nesta gala. Está claro que a universidadee ensina, e que o proceso de aprendizaxe non remata no sistema educativo.
Así que aquí estamos, para complementar os modelos educativos, para amplificar os valores, para fraguar non só profesionais competentes…senón tamén cidadáns responsables, para suministrar calidade de vida, mellores conductas, oxígeno moral e benestar, crecemiento económico e principios éticos.

E para rematar, as miñas felicitacións aos premiados, aos organizadores, ao Vicerreitorado de Extensión Universitaria y aos equipos que fan isto posible. E meu agradecmiento a quen durante o ano traballan para estar aquí e para quen tal día como hoxe non faltan. Recoñecémonos nesta Universidadee. Moitas grazas.