Comisión de actividades e servizos

Últimas axudas do ano do Consello Social

2018-10-19T19:06:08+00:003 de Decembro de 2015|Comisión de actividades e servizos|

O luns, día 30 de novembro de 2015, ás 12:35 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (07.10.2015).
2. Informe do presidente.
3. Acordo que proceda sobre a solicitude da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra de apoio á presentación pública do Campus CREA S2i.
4. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a organización das “IV Xornadas sobre cuestións prácticas de dereito procesual civil”, previstas en Vigo.
5. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico da Asociación de amigos e antigos alumnos da Universidade de Vigo, para a publicación dun número extraordinario da revista Tres Campus, dedicado aos 25 anos da Universidade de Vigo.
6. Rogos e preguntas.
________________________________________

PUNTO 1
Aprobación da acta da sesión anterior (07.10.2015).

PUNTO 2
Informe do presidente.

PUNTO 3
Acordo de concesión dunha axuda sobre a solicitude da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra de apoio á presentación pública do Campus CREA S2i.
PUNTO 4
Acordo de concesión dunha axuda para a organización das “IV Xornadas sobre cuestións prácticas de dereito procesual civil”, previstas en Vigo.
PUNTO 5
Acordo de concesión dunha axuda para a Asociación de amigos e antigos alumnos da Universidade de Vigo, para a publicación dun número extraordinario da revista Tres Campus, dedicado aos 25 anos da Universidade de Vigo.
PUNTO 6
Rogos e preguntas.