Comisión económica

A C.E. aproba o teito de gasto e os orzamentos da Universidade para o ano 2019

2020-02-21T18:49:36+00:0011 de Decembro de 2018|Comisión económica|

O martes, día 11 de decembro de 2018, ás 11:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (30.05.2018).
Apróbase por asentimento.

2. Informe do Presidente.
A Comisión dáse por informada

3. Informe sobre o teito de gasto anual da Universidade de Vigo para o exercicio 2019, consonte o disposto no Real Decreto Lei 14/2012, do 20 de abril.
Informarase favorablemente ao Pleno.

4. Aprobación, se procede, da proposta de orzamento da Universidade de Vigo para o exercicio 2019. Elevación ao Pleno.
A Comisión ACORDA elevar ao Pleno informe favorable sobre o orzamento e solicitar un informe xurídico que avale a legalidade do abono ao PDI das partes pendentes das pagas extras de anos anteriores.

5. Informe da previsión de cumprimento pola Universidade de Vigo da elaboración da liquidación do orzamento antes do 1 de marzo de 2019, consonte o Real Decreto Lei 14/2012.
A Comisión ACORDA dar conta ao Pleno.

6 e 7. Informe previo que proceda para a creación da empresa Ancora como EBT da Universidade de Vigo, e autorización para a participación no seu capital social, e as contraprestacións aplicables, se fose o caso; e informe previo que proceda para a creación da empresa EM3W como EBT da Universidade de Vigo, participación no seu capital social, e contraprestacións aplicables, se fose o caso.
A Comisión ACORDA emitir informe favorable.

8. Informe que proceda sobre a proposta de modificación do capital social da EBT “Alen Space” e a participación da Universidade de Vigo.
A Comisión ACORDA emitir informe favorable.

9. Elección, se procede, dun novo ámbito universitario para a realización dun informe de auditoría operativa de procedementos e sistemas.
Apróbase a proposta.

10. Informe sobre os convenios asinados pola UVigo en outubro e novembro.
A Comisión ACORDA darse por informada.

11 e 12. Aprobación, se procede, da aceptación da doazón á Universidade de Vigo do cadro “Retrato de Ramón María del Valle-Inclán”, polo pintor Alejandro Cabeza; e aprobación, se procede, da aceptación da doazón á Universidade de Vigo de equipos de investigación da empresa Endesa, S.L.
A Comisión ACORDA informar favorablemente a doazón de ambos legados.

13. Rogos e preguntas