Actos do presidente

318 persoas tituladas na graduación 2019 da Escola de Enxeñaría Industrial

2019-05-31T19:32:35+00:0030 de Maio de 2019|Actos do presidente, Novas|

As persoas tituladas e os seus familiares ateigaron o Auditorio Mar de Vigo no que todo o protagonismo foi para o alumnado da EEI da UVigo que remata os seus estudos –os 250 graduados e graduadas e as 68 persoas que cursaron mestrados– e que neste 2019 bateron as marcas de número de promocións anteriores.

Ana María Mejías, subdirectora da EEI foi a conductora dun acto que, se ben mantivo o respecto académico, resultou ameno pola recurrrente  utilización do sentido do humor de varias das persoas que interviron. O director da Escola, o Alcalde, o vicepresidente da Xunta de Galicia, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa que felicitou e parabenizou os graduados e tres alumnos en nome de todas as persoas graduadas obtiveron risas e aplausos dos presentes.

Tamén se proxectaron vídeos nos que os profesores se dirixían ás persoas graduadas felicitándoas e aconsellándoas. O momento máis emocionante foi a xura do Código de Ética Profesional dos enxeñeiros industriais.