Apróbase a axuda para organizar o “XX Coloquio de Historia da Educación”, a liquidación do orzamento da UVigo de 2018 e as contas anuais de CUSA, FUVI e CITEXVI

2019-07-15T13:13:44+00:005 de Xullo de 2019|Pleno|

O xoves, 27 de xuño de 2019, ás 12:05 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (04.06.2019).
    Apróbase por asentimento.
  2. Informe do Presidente.
  3. Informe do Reitor.
  4. Distribución das Bolsas-colaboración asignadas á UVigo polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, para o curso 2019/2020. Acordo que proceda.
    O pleno dá a súa aprobación.
  5. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a organización do congreso internacional “XX Coloquio de historia da educación”, promovido pola Facultade de Ciencias da Educación, do Campus de Ourense.
    O pleno dá a súa aprobación.
  6. Conta de liquidación do orzamento da UVigo correspondente a 2018. Informe de auditoría e Memorando de recomendacións. Aprobación, se procede.
    Apróbase a liquidación do orzamento.
  7. Aprobación, se procede, das contas anuais de 2018 e Informe de auditoría de Cidade Universitaria, S.A. (CUSA).
  8. Aprobación, se procede, das contas anuais de 2018 e Informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).
  9. Aprobación, se procede, das contas anuais de 2018 e Informe de auditoría da Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).
    O pleno aproba os puntos 7, 8 e 9 por asentimento.
  10. Informe e validación, se procede, do informe de auditoría operativa sobre “Procedemento nos gastos de proxectos internacionais de cooperación educativa”.
    O pleno dáse por informado.
  11. Aprobación, se procede, da prórroga á empresa auditora Baker Tilly Fmac para realizar o informe de auditoría de contas da UVigo correspondente aos exercicios 2019 e 2020, consonte o expediente 325/17.
    O pleno dá a súa aprobación.
  12. Outros acordos. Remanentes. Convenios.
    O pleno dá a súa aprobación.
  13. Pronunciamento sobre o proxecto de Decreto que determina os prezos públicos para o curso 2019/2020 pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades galegas.
    O pleno informa favorablemente.
  14. Outros asuntos. Taxas, cursos e memorias finais.
    O pleno dáse por informado.
  15. Rogos e preguntas.
    Non hai.