O xoves, día 10 de outubro de 2019, ás 11:35 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:
- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (12.09.2019).
Apróbase por asentimento. - Informe do presidente.
- Aprobación, se procede, da reasignación definitiva das Bolsas-colaboración asignadas á UVigo polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, para o curso 2019/2020.
A Comisión acorda informar favorablemente. - Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para a colaboración cas xornadas “sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo”, e patrocinio do Premio Consello Social_UVigoHumana.
Apróbanse axudas para as Xornadas e para a organización do Premio - Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio económico para a 4a edición da “Finde.U – Feira internacional de emprego universitario”, a desenvolver en Porto e Vigo.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a proposta de colaboración ca XXVIII edición da Gala do Deporte da UVigo, prevista no Teatro Principal de Ourense.
Apróbase unha achega. - Acordo que proceda sobre a petición de axuda presentada pola directora da ESDEMGA para a celebración do Programa “Debut 2019” para conectar aos estudantes e ás empresas téxtiles.
Concédese unha axuda. - Rogos e preguntas.
Non hai.